Polo uso da man nace e evoluciona a nosa especie. A separación entre a cabeza e a man non é só de natureza intelectual, máis tamén é social.
Entendemos a artesanía coma un impulso humano duradeiro e básico, na que latexa o desexo de facer ben unha tarefa, na que a técnica é unha cuestión cultural.
A Delegación do COAG en Santiago plantexa a necesidade de repensar o oficio en claves que, aínda vivas, están esquecidas. Con motivo do Día Mundial da Arquitectura iniciamos unha serie de actos que pretenden profundizar no estado do noso oficio e, quizáis, na súa reformulación.
Frente á incertidume do momento prantexamos un optimismo pragmático baseado nos vellos coñecementos, froito de antergas necesidades e mirando cara o futuro coa ollada posta nunca búsqueda dun entendemento profundo do presente.
A exemplificación, en si mesma unha reflexión máis, do ideario que propoñemos levarase a cabo no encontro entre as prazas da Quintana e Praterías e a Casa de Conga e a Catedral relacionándose coa Vía Sacra e a Casa da Parra.
Proponse un exercicio de colaboración entre oficios, novas e vellas tecnoloxías e materiais tradicionais e innovadores.
O traballo pretende acadar varios niveis simbólicos nun dos nós urbáns máis significativos da cidade de Santiago. En primerio lugar lémbrase que a aparición de novos materiais ou novos problemas ao longo da historia non plantexaron tecnoloxías ex¬novo senón que estas partiron das xa existentes. Un segundo nivel é o da necesaria colaboración dos oficios, non só na realización dun traballo concreto senón tamén no intercambio de coñecementos que abren novos camiños. O terceiro fala da importancia que a preservación e transmisión deste tipo de coñecemento supón como capital social e humano necesario para afrontar a nosa urxente necesidade de crear e habitar contornos sostibles. Como sociedade non podemos permitirnos prescindir desta enerxía. Os últimos niveis fan referencia a unha das esencias do noso oficio, o lugar. A intervención realizase nunha encrucillada de espazos urbanos e edificios de indudable significado cidadá, pretendéndose, somentes, unha pequena reflexión sobre a gran calidade e densidade espacial do lugar.
Todo este proceso materilízase nunha vide metálica, de cobre reciclado, que medra dun pilar da Casa da Conga e sarmentos de luz que tentan acadar os muros da Catedral.

Etiquetas: UNHA NOVA MAN


octubre 4, 2009 a las 6:14 pm |
Desde un Colegio que premia obras contemporáneas, cada año, sin más criterio que el de un grupo de arquitectos que no creo que lleguen a 5, y que algunos colegiados no comparten; y, sobre todo, dentro de una celebración que debería haberse repensado (a lo mejor como toda la institución) hace tiempo, de repente, alguien por fin, nos sorprende, con algo que si nos hace pensar, a arquitectos y no arquitectos, sobre la arquitectura. Gracias.
Todos sufrimos la crisis, y creo que todos (que ilusa) compartimos con esta instalación la idea de que a lo mejor nos viene bien pisar el freno, y reconocer las consecuencias negativas de los años de bonanza económica.
Vivimos con prisa, en un mundo de centros comerciales y comida rápida, somos indiferentes al coste del trabajo reposado y bien hecho, dos manos que trabajan golpe a golpe una pieza, no se pueden comparar al trabajo de las maquinas de precisión que no puedo negar porque nos facilitan la labor, pero que son tan frías y perfectas, que a lo que nos ha llevado es a la repetición infinita de imágenes y piezas.
Ahora tenemos tiempo, y esto nos permite, y como yo seguro que otros lo disfrutan, poder dedicarle tiempo a la obra, aprender y enseñar, a aquellos que comparten con nosotros alguna parte o casi toda aquello que es según Purini el segundo fin de la arquitectura, construir.